TEMA2_PARTE2: OFIMÁTICA II. PRESENTACIÓNS DIXITAIS
PRESENTACIÓNS EN GOOGLE:
Acceder a Drive. Crear dentro da túa carpeta de TIC´S 1 novo cartafol para este tema. Dentro crear crear un documeto de presentación de Google para cada actividade co nome do número de actividade correspondente. Lembra que a túa carpeta xa está compartida co profesor polo que non precisas voltar a compartir ningún documento que esta conteña.
Seguiremos este titorial con teoría e exercicios ata a Actividade 5.
INDICACIÓNS:
Actividade 2: crear so a diapositiva da imaxe seguindo os apartados 1, 2 e 3
Actividade 3: Mirar a teoría previa. Crear so unha diapositiva. Engadir contido insertando formas xeométricas que despois hai que animar para que aparezan/desaparezan cando deban ó facer clic no rato. A presentación s quedará así.
PRESENTACIÓNS EN CANVA:
Actividade 1: Presentación con orla.
Crear unha presentación en Canva:
1º- A partires do videotitorial anterior, crear unha orla para o teu equipo de futbol.
Cumplir as condicións:
- Poñer como fondo imaxe do estadio ou campo de futbol do equipo.
- Mínimo 10 marcos con animacións. Engadir unha ligazón externa para coñecer mellor á personaxe do primeiro marco.
- Título con animación de entrada e de saída
- Engadir nomes
2º- Engadir dúas diapositivas máis. Por exemplo unha anterior co escudo do equipo de futbol e outra posterior con un video insertado desde Youtube e con título indicativo do contido do video.
3º- Engadir animacións para a apriación das diapositivas.
4º- Engadir audio para toda a presentación. Os audios na biblioteca de canva escasean polo que mellor accede a sitios de descarga de música gratuita como Jamendo ou Bandcamp e descarga o teu arquivo mp3 e incorpórao á túa presentación.
5º- Activar a duración da primeira diapositiva a 3 segundos.
6º- Continua ti a historia engadindo unha cuarta diapositiva de contido relacionado pero libre.
6º- Compartir con marcoson64@gmail.com (permiso de so ver).
Comentarios