Entradas

TEMA 2: FOLLAS DE CÁLCULO.

 Empregaremos a folla de cálculo Calc de LibreOffice.  Novo tema implica novo cartafol co nome "TEMAX_DESCRICIÓN" na túa carpeta local do PC e posteriormente cando entregues as actividades en Dropbox. ACTIVIDADE 1: EXERCICIOS BÁSICOS. Abrir a folla de cálculo de LibreOffice, Calc. Gardar o documento co nome "ACT1_EXERCICIOS_BASICOS" e ir resolvendo cada exercicio nunha folla diferente dentro do mesmo documento ou libro de calc. Nomea cada folla co nome do exercicio. Exercicio 1. Enche series de datos de forma automática. Exercicio 2 . Aplicar fórmulas sinxelas. Suma automática de celas. O exercicio resolto quedará como: Resultado 2. Exercicio 3 . Cálculos xeométricos elementais. A calculadora xeométrica deberá quedar: Resultado 3. Exercicio 4 . Fórmulas con referencias relativas e absolutas. Cálculos xeométricos reiterativos. O traballo quedará  así: Resultado 4.

TEMA 1: PROCESADORES DE TEXTO.

  ACTIVIDADE 1: Creación e edición de táboas. Facendo uso das ferramentas de creación e edición de táboas de Writer (Procesador de Textos da Suite Ofimática gratuíta LibreOffice), crear un documento dunha páxina, coas táboas e o máis parecido posible ao que podes atopar aquí . Incluir encabezado e pe de páxina. Ao terminar, poñer como nome de arquivo " ACT1_ Creacion_taboas" e subir a  Dropbox á  subcarpeta do "TEMA1_PROCESADORES_DE_TEXTO" creada dentro do cartafol compartido co profesor. DATA ENTREGA: 18/09/2026. Vía dropbox en formato de writer. ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: Creación e edición de táboas. As tarefas de ampliación serán feitas so polos alumn@s que rematen a tarefas encomendadas. Avisar ó profesor antes de comezar. Serán feitas exclusivamente na clase. E cando estén rematadas subirán nota. Crear un documento de dúas páxinas coas seguintes taboas . Poden ocupar a páxina por completo. As taboas de 2ª páxina están centradas. ENTREGA: Entregar vía Dropbox ...

TEMA0: ALMACENAR E COMPARTIR INFORMACIÓN

ALMACENAMENTO OFFLINE: Crear un cartafol no disco duro do ordenador dentro da carpeta Documentos. Poñerlle como nome " TIC´SI_oteunome". Aquí crearás carpetas con formato de nome "TEMAX_DESCRICIÓN". E dentro poderás gardar algúns dos teus traballos co formato de nome:  " ACTx_DESCRICIÓN". Anque para evitar que alguén chos borre fai unha copia das tarefas a entregar noutro sistema de almacenaxe. ALMACENAMENTO ONLINE: Hai moitas plataformas para almacenar e compartir información na nube ("discos duros online"): aula virtual, drive, onedrive, dropbox, box,... Vamos a empregar algunha delas para entregar actividades nesta materia. Para poder entregar as actividades de TIC´SI vamos a empregar a Aula Virtual, Drive e tamén Dropbox. DRIVE: Acceder a Drive coa vosa conta ACADÉMICA de gmail e crear un cartafol para esta materia. Nomealo " TIC´SI_oteunome" e compartila co profesor (marcoson64@gmail. com) con só permiso para ver . Máis para adiant...