TEMA 3_PARTE 1: OFIMÁTICA III. FOLLAS DE CÁLCULO.
Empregaremos a folla de cálculo Calc de LibreOffice.
Novo tema implica novo cartafol co nome "TEMAX_DESCRICIÓN" na túa carpeta dentro de Documentos do PC e posteriormente cando entregues as actividades en Dropbox.
ACTIVIDADE 1: EXERCICIOS BÁSICOS.
Abrir a folla de cálculo de LibreOffice, Calc. Gardar o documento co nome "ACT1_EXERCICIOS_BASICOS" e ir resolvendo cada exercicio nunha folla diferente dentro do mesmo documento ou libro de calc. Nomea cada folla co nome do exercicio.
Exercicio 1. Enche series de datos forma automática.
Exercicio 2. Aplicar fórmulas sinxelas. Suma automática de celas. O exercicio resolto quedará como: Resultado 2.
Exercicio 3. Cálculos xeométricos elementais. A calculadora xeométrica deberá quedar: Resultado 3.
Exercicio 4. Fórmulas con referencias relativas e absolutas. Cálculos xeométricos reiterativos. O traballo quedará así: Resultado 4.
Exercicio5. Fórmulas con referencias relativas. Resolver o primeiro exercicio relacionado cos circuítos eléctricos.
ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN: Exercicio6. Fórmulas con referencias relativas. Resolver o segundo exercicio .
DATA DE ENTREGA: 24/11/23. Vía Dropbox. Dentro do teu cartafol compartido crear cartafol novo de tema e subir a actividade indicando no nome número e descrición da actividade.
ACTIVIDADE 2: OPOSICIÓNS POLICÍA
PARTE 1:
Xosé Luis presentouse a unha oposición de inspector da policía nacional, pero non foi o único e hai outros 10 opositores: Pepe, Andrés, Xoaquín, Julio, Carmen, María, Pitusa, Apapucio, Baldomero e Raimunda.
As notas de exame obtidas son un 6 por Xosé Luis e para os outros son: 7, 8, 9, 10, 5, 6, 7, 4, 6 e 1, respectivamente.
A puntuación de méritos (títulos universitarios e cursos) é de 8 para Xosé Luis e para o resto: 5, 6, 4, 2, 10, 2, 7, 10, 5 e 9 respectivamente.
A nota final da oposición calcúlase valorando nun 60% a nota do exame e nun 40% os méritos por cursos, a condición de que a nota do exame sexa superior ou igual a 5 porque senón xa se está eliminado.
Hai 4 prazas.
Empregar a folla de cálculo Calc para facer os cálculos con fórmulas con referencias relativas, inicialmente ordenar os datos segundo orde de aparición no enunciado.
A continuación cando os cálculos estean feitos seleccionar toda a táboa de notas e nomear todo o rango de datos co nome “Notas”. Para elo ir ó menú Folla/Intervalos e expresións con nome/Definir.
De seguido ordenar o rango Notas por nota final decrecente para así coñecer se Xosé Luis saca praza ou non. Para esto ir ó menú Datos/Ordenar.
Representar un diagrama de barras verticais coa nota final obtida por cada opositor (indicar título gráfico: fonte Liberation Sans tamaño 14 vermello e negriña, títulos eixos: tamaño 12 azul e negriña, non mostrar lenda, liña eixos cor negra e groso 0,05, items eixo x e y tamaño 10 negriña, gradación eixo y de 0 a 10 de 2 en 2, barras cor verde con bordo negro, bordo exterior de gráfico).
Representar outro gráfico do mesmo tipo con tres series de datos: unha coa nota do exame, outra coa nota de méritos e outra coa nota final. Como imaxe de fondo do segundo gráfico pon esta con transparenza do 50%. Liñas negras de gradación principal eixo x. Mesmo tipo de letra para títulos e items de eixos ca no gráfico anterior (excepto cores). Facer que a orde das series, cores e demáis formato sexa o mesmo que no gráfico resultado.
Eliminar liñas de cuadrícula que dividen a folla en celas.
Engadir bordos á táboa de datos con bordo exterior dobre para a táboa de datos e a para a cabeceira.
Editar o formato do libro de Calc para que sexa o máis parecido a este. Para poñer o título terás que insertar filas na parte superior.
Nomear a folla 1 co nome PARTE1.
PARTE 2:
Duplicar a folla 1 e renomeala como PARTE2.
Engadir unha función condicional, na fórmula utilizada para calcular a nota final, para que se a nota do exame é inferior a 5 a nota final sexa cero.
Ademais, desde o menú Formato/Condicional, engadir un formato condicional para que as notas de exame e nota final superiores ou iguais a 5 aparezan automaticamente de cor vermella.
Finalmente PENSAR EN COMO facer que Calc indique automáticamente se o opositor ¿saca praza?. Utilizar unha función condicional para encher outra columna na que saia a resposta á pregunta: SI ou NON.
Aquí podes ver que elementos engadir para solucionalo. Crea ti a función condicional.
DATA DE ENTREGA: 1/12/2023 . Vía dropbox, subir a actividade indicando no nome número e descrición da actividade.



Comentarios