TEMA1: HARDWARE, SOFTWARE E REDE. CÓDIGO MÁQUINA. UNIDADES DE MEDIDA DA CANTIDADE DE INFORMACIÓN. SEGURIDADE E BENESTAR.

INSTRUCIÓNS PARA PREPARAR O PRÓXIMO EXAME PARA OS ALUMNOS RECIEN INCORPORADOS:

Actividade 2: Mirar os videos con teoría. 

Actividade 3: Resolver os tests. Os dous primeiros podes repetilos para acertar o 100%. Os dous últimos resolvelos primeiro buscando información se fora presicso ou preguntar a profesor. Correxir as respostas a estes dóus últimos mirando a solución na parte final da actividade.

Actividade 7: resolver o test 1 desde Quizziz ata obter o resultado desexado.

Actividade 8: buscar a resposta ás preguntas mirando a teoría

Actividade 11: resolver os problemas de sistemas de numeración e de unidades de medida da cantidade de información


Actividade 1: Montaxe virtual dos compoñentes físicos dun ordenador.

O simulador  IT  Essentials Virtual  Desktop, creado por  Cisco, é un simulador de ensamblaxe de  PCs no que terás acceso a información básica expresada de forma  concisa e sinxela. 

Este simulador precisa executar Flash Player, pero este foi eliminado dos navegadores no 2020. Así que vamos a descargar Google Chrome portable, gardar na vosa carpeta do ordenador, extraer o seu contido e abrilo programa.

ACCESO TIPO A: Segue este enlace.
ACCESO TIPO B:
Descargar- Versión para montar PC de sobremesa.
Descargar- Versión para montar un portatil
Localizar arquivo Index e arrastrar a navegador portable.

Se non tes instalado no teu  PC un programa para  descomprimir arquivos non poderás ver a animación anterior. Descarga WINRAR, garda o arquivo executable no teu cartafol de informática (para telo para outras veces) e instálao.

PC Building Simulator. é outro simulador que non usaremos este curso.
Descargar dende aqui.

¿Enterácheste ben das partes que acabas de montar? Realiza este test:
ENSAMBLAR UN PC VIRTUAL . Non podes fallar ningunha. Repíteo se fora necesario. Cando remates:
-accede a drive, -accede ó cartafol da materia compartido co profesor, -crea cartafol co nome abreviado do tema "TEMA1_HARDWARE_SEGURIDADE", -dentro crea un documento de texto chamado "Resolucion_Tests", - pega un pantallazo ou captura de pantalla co resultado do test.

Para capturar contido da pantalla podes: 
- pulsar tecla IMPR PANT ou
- empregar a ferramenta Recortes de windows.


DATA DE ENTREGA (remata o prazo): 19/09/2023

Cando remates coa montaxe do PC de sobremesa e co test, descarga dende a parte de arriba a versión para desmontar/montar un portatil, gardao na túa carpeta, extrae o documento e abre o arquivo Index no navegador portable (arrastrándoo).

Actividade 2: Teoría Hardware.


 


Actividade 3: Repaso sobre compoñentes do ordenador.

Resolve os seguintes tests:

Test1. Repaso partes placa base: Ir á web do seguinte enlace e resolver. Capturar resultado e engadir a documento de drive de "Resolucion_Tests" indicando que actividade é e de que apartado.

Test2. Repaso periféricos e binario: Ir á web do seguinte enlace e resolver. Non contestar ás últimas catro preguntas. Capturar pantallazo do resultado e engadir a documento de drive da actividade 1 indicando que actividade é e de que apartado.


TEST 3.  PREGUNTAS SOBRE HARDWARE. Cando remates pegar captura da pantalla final na que se indica o número de acertos.

Descargar para a vosa carpeta do ordenador. Abrir e para responder ir marcando a opción correcta editando o pdf coa ferramenta de resaltar contido. Ó rematar tes que gardar os cambios e entregar o documento subíndoo a drive co nome "Actividade3_test4". 
Se tes opción de engadir frechas no editor pdf tamén podes:

RESPOSTAS TEST 3 E 4:
TEST 3:
Respostas no seguinte enlace.

TEST 4:
1- A
2- D
3- A
4- A
5- C
6- D
7- D
8- A
9- D
10-E
11-B
12-A
13-D como a súa representación visual en pantalla é unha "flechita" pódese escoller a opción D como correcta.





18-
Microprocesador- A
Fuente de Alimentación- E
Conexiones o puertos- B
RAM- D
Tarjeta Gráfica- C

19- B, D, E
20- B, C (usando teclado en vez de ratón)
      C, D (se traballas sen internet)

DATA DE ENTREGA: 22/09/2023 (faltou Vlad. prazo ata luns 2/9)

Actividade 4: Configura e merca o teu propio PC 
Configura o teu propio  PC clónico á carta e simula a súa compra na web da tenda  online pcbox.com. (ou tamén en pccomponentes) para ver qué características e capacidade teñen actualmente os distintos compoñentes do ordenador. Non te preocupes polo prezo, hoxe podes darte un capricho¡¡.

O diñeiro interesa gastalo na placa base, microprocesador, Ram mínimo 16 GB e disco duro SSD.

Unha vez rematada a actividade capturar un pantallazo do presuposto e características do teu novo PC,  e engadir a documento de drive "Resolución_tests", indicando que actividade é.

DATA DE ENTREGA (remata o prazo): _/_/2023

Actividade 6: PRACTICA REAL: DESMONTAR E MONTAR UN PC REAL
¿Qué é Hardware? e ¿Software?
Localizar:

1.- Fonte de alimentación

2.- Placa base ( motherboard)
   2.1.-  Microprocesador (esta debaixo de chapas con  ventilador):
             * para que serve?
             * Modelo e ano de fabricación?
   2.2.- Módulos de memoria RAM
             * cando se borra?, lectura rápida?
             * podes ler a súa capacidade?

3.-  Tarxetas de expansión da placa basee (fíxache nos  conectores traseiros):
              3.1.- Tarxeta gráfica
              3.2.- Tarxeta de son
              3.3.- Tarxeta de rede

4.- Periféricos:
   4.1.- Periféricos de entrada/saída.
             * Dispositivos de almacenamento: Disco duro
             * Lector e/ou gravador de CD´s
             * Disquetera

     4.2.- Periféricos de saída
                            * Altofalante

     4.3.- Periféricos de entrada

Desmontar e volver a montar:
1.- Microprocesador
2.- Disco duro (un so equipo)
3.- Módulo de memoria RAM
Montar:
1.- Unha tarxeta de expansión conectándoa nunha ranura de expansión PCI. ¿Cal e?
2.- Pechar torre

DISCO DURO:











Actividade 7: Test en grupo en clase con Quizziz.
Alumn@: Ir a  Quizziz, e meter o código do test. O test chámase "Hardware do PC" e ten 32 preguntas. Resolver sen usar comodíns. 
Profesor: Test1 en grupo en clase con Quizziz. Este é o test que resolvemos na clase. Repetilo en casa para preparar o exame.
               Test2 non funcionou en clase


Actividade de ampliación: 
Na carpeta deste tema en drive, crear novo documento de texto co nome "Actividades de ampliación".

1.- Resolver o seguinte test sobre hardware e sofTware. Só se pode fallar unha. Capturar pantallazo do resultado e pegar no documento de drive.

2.- Resolver os exercicios da seguinte web. Capturar pantallazo do resultado e pegar no documento de drive.


4.- Aquí tes outro test básico.

5.- TEST 

6.- TEST 


Actividade 8: Seguridade informática.
 
Accede ó documento de Teoría e responde ás prefuntas finais copiándoas nun documento novo de Drive chamado "Respostas Seguridade Informática". 

DATA DE ENTREGA: 29/09/2023 (faltou ...)

Actividade 9: Actividades INCIBE (Instituto Nacional de CiBerseguridade). Seguridade informática.
Vamos a facer as seguintes actividades interactivas para mellorar a nosas accións e seguridade.

Vamos a facer os seguintes tests de autoavaliación.  Saca pantallazo co resultado final de cada test e gárdao no documento de Drive da actividade 8, indicando Act9 e nome do test.

DATA DE ENTREGA: _/_/2023 (faltou ...)

Actividade 10: ¿que características ten o teu equipo informático?.
Busca "Este Equipo" no teu Windows, clic botón dereito e ir a propiedades.

Actividade 11: Sistemas de numeración. Unidades de medida da cantidade de información.
Segue os enlaces aos seguintes documentos: 
         * Sistemas de numeración
         * Conversión de unidades de medida información

A continuación, accede ao teu Drive, crea un documento de folla de cálculo co nome "ACT11_Exercicios_Binario_Bytes" e nel pegar os exercicios  colocándoos en follas distintas e nomeándoas conforme o nome da ligazón. Resolvelos creando fórmulas para facer os cálculos, tal que así:







DATA DE ENTREGA: _/_/2023

NOTA: Dende este conversor online (conversor online 2) podes comprobar a solución dos exercicios de conversión de sistema de numeración.
Correxir exercicios de bytes dende aquí.





Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA2_PARTE2: OFIMÁTICA II. PRESENTACIÓNS DIXITAIS

TEMA0: ALMACENAR E COMPARTIR INFORMACIÓN