TEMA 2_PARTE1: OFIMÁTICA I. PROCESADORES DE TEXTO.

Neste enlace podes descargar o paquete ofimático de LibreOffice que contén o procesador de textos Writer. Trátase de Software gratuíto que poderás instalar no teu ordenador.

Podes consultar algunha dúbida no Manual de Writer. 


INSTRUCIÓNS PARA ENTREGA DE ACTIVIDADES PARA OS ALUMNOS RECIEN INCORPORADOS:

Tedes de prazo ata prazo ata o 20/11 para facer en casa e entregar vía Dropbox  as seguintes actividades con Writer:


Para Félix e Luis: 

Actividade 1: Facer so a 2ª e 3ª táboas. 

Actividade 2: Facer so os dous primeiros parágrafos.

Actividade 3: Reproducir o documento so ata a ecuación 15 incluida.


Para Félix:  (Luis xa estaba en clase e ten que entregar as actividades completas xa)

Actividade 4: Das 3 táboas do exercicio, reproducir so a táboa de tabulacións intermedia.

Actividade 5: Crear so o formulario da parte 1 so.


ACTIVIDADE 1: Creación e edición de táboas.


Facendo uso das ferramentas de creación e edición de táboas de  Writer, crear un documento dunha páxina, coas táboas e o máis parecido posible ao que podes atopar aquí. Incluir encabezado e pe de páxina.

Ao terminar, poñer como nome de arquivo " Act1_ Creacion_taboas" e subir a  Dropbox á  subcarpeta do "TEMA2_PROCESADORES_TEXTO_PRESENTACIONS" creada dentro do cartafol compartido co profesor.

DATA ENTREGA: 18/10/2023. Vía dropbox en formato de writer.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: Edición táboas.

Crear un documento equivalente ao deste enlace.

Esta actividade será realizada na aula (non en casa) despois de rematar a actividade 1 antes que os compañeir@s. Será entregada cando estea rematada. Sube nota.


ACTIVIDAD 2: Edición de parágrafos.

Segue as instrución a partir de un dos seguintes enlaces:
instrucións1(non vai o enlace)
- instrucións2.

NOTA: Marxes dereito e esquerdo a 3 e 3 cm. Se necesitas podes facer unha pequena trampa: clic dúas barras espaciadoras para separar palabras daquela liña que non termine coa palabra que debería.
En writer non hai opción de "sangría francesa" pero si de sangria independente para a primeira liña que é equivalente.

DATA ENTREGA: 20/10/2023Vía dropbox en formato de writer (*.odf).



ACTIVIDADE 3: Edición de ecuacións.

Empregando o editor de ecuacións de writer crea un documento como este. Páxina con marxes esquerdo e dereito a 3 cm, superior e inferior a 2,5 cm. Fonte Arial tamaño 12. Obrigatorio todo menos: a matriz da ecuación 17 e a  ecuación 18.

DATA ENTREGA: 23/10/2023 . Vía dropbox en formato de writer.

ACTIVIDADE 4: Tabulacións.

Utilizando tabulacións con Writer crear un documento equivalente a este.

Aquí podes ver como insertar tabulacións.

Para cada táboa crear so 5 filas.


DATA ENTREGA: 27/10/2023


ACTIVIDADE 5: FORMULARIOS.

PARTE 1: 

Seguir o seguinte titorial escrito para aprender creando o formulario do exemplo (ACT5_FORMULARIO_EXEMPLO). Tamén o podes seguir en forma de videotitorial:



PARTE 2: 

Crear de cero o seguinte formulario (ACT5_FORMULARIO). Fonte tipo Calibri 14 e 12, en negriña. Primeiro crear táboas e logo inserir os campos. Restrinxir con contrasinal a edición para permitir so rellenar o formulario.


NOTA: Para desbloquear seccións ir a Formato/Seccións e desbloquear quitando a protección despois de inserir o contrasinal (link).

DATA ENTREGA:03/11/2023. Entregar vía Dropbox, en formato de writer, os dous documentos dentro dunha subcarpeta chamada "ACT5_FORMULARIOS".


ACTIVIDADE 6: Estilo periodístico. Columnas. 
A partir do texto. Copiar e pegar en Writer. Crear un documento similar a este.

PISTAS: 

Marxes esquerdo e dereito e superior a 3 cm e inferior a 2 cm.
Texto fuente Times New Roman tamaño 12 excepto cabeceira tamaño 26  e "AEDP" tamaño 16. 
Bordos desde Formato/Parágrafo, os da cabeceira groso 3 cm e os seguintes groso 6 cm.
Crear columnas desde Formato/Columnas. Columnas separadas 1,5 cm as da primeira parte e 1 cm as seguintes, algunhas con separador. 
Insertar salto de liña onde corresponda. Insertar sangría na primeira liña co tabulador, onde corresponda.  Utiliza aliñación adecuada.

DATA DE ENTREGA: 08/11/2023 vía DROPBOX. Nome "ACT6_Estilo_Periodistico".


ACTIVIDAD DE AMPLIACIÓN 2: Formato de párrafo.
Agora con menos pistas, crear un documento equivalente a este.

DATA DE ENTREGA: Cando a remateses en clase para optar a nota extra.

ACTIVIDAD DE AMPLIACIÓN 3: Terminar o que falta da actividade 3

Farase en clase para optar a puntuación por traballo extra.



Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA1: HARDWARE, SOFTWARE E REDE. CÓDIGO MÁQUINA. UNIDADES DE MEDIDA DA CANTIDADE DE INFORMACIÓN. SEGURIDADE E BENESTAR.

TEMA2_PARTE2: OFIMÁTICA II. PRESENTACIÓNS DIXITAIS

TEMA0: ALMACENAR E COMPARTIR INFORMACIÓN