TEMA 1: PROCESADORES DE TEXTO.
ACTIVIDADE 1: Creación e edición de táboas.
Facendo uso das ferramentas de creación e edición de táboas de Writer (Procesador de Textos da Suite Ofimática gratuíta LibreOffice), crear un documento dunha páxina, coas táboas e o máis parecido posible ao que podes atopar aquí. Incluir encabezado e pe de páxina.
Ao terminar, poñer como nome de arquivo " ACT1_ Creacion_taboas" e subir a Dropbox á subcarpeta do "TEMA1_PROCESADORES_DE_TEXTO" creada dentro do cartafol compartido co profesor.
DATA ENTREGA: 18/09/2026. Vía dropbox en formato de writer.
ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: Creación e edición de táboas.
ACTIVIDADE 3: Tabulacións.
Utilizando tabulacións con Writer crear un documento equivalente a este.
Aquí podes ver como insertar tabulacións.
Para cada táboa crear so 5 filas.
DATA ENTREGA: 25/09/2026. Vía dropbox en formato de writer. Gardar co nome "ACT3_Tabulacións_Nome".
ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 2: Tabulacións e ecuacións.
ACTIVIDADE 4: Columnas e seccións.
Seguir as instrucións e resolver os exercicios de estilo periodístico. Crear carpeta "ACT4_Columnas_Nome" para ir gardando todos os documentos.
Ferramentas a usar: crear columnas dende o menú Formato/Columnas con Writer. Insertar Saltos de columna dende o menú Insertar. Crear seccións para definirlles un formato especial dende o menú Insertar/Seccións. Editar seccións dun documento dende Formato/Seccións. Actualizar vínculos dende o menú Editar ou pechando e abrindo de novo o documento.
NOTAS: Cada páxina debe conter o mesmo número de párrafos có documento resultado e cada liña deberematar coa mesma palabra. Se se che resiste podes:
- proxecto-columnas: podes encoller un pouquiño a marxe inferior
DATA ENTREGA: 29/09/2026. Vía dropbox en formato de writer. Crear unha carpeta "ACT4_Columnas_Nome". Dentro subir os exercicios propostos cos nomes indicados no titorial.
ACTIVIDADE 5: Edición de ecuacións.
DATA ENTREGA: 2/10/2026 . Vía dropbox en formato de writer.
ACTIVIDADE 6: FORMULARIOS.
PARTE 1:
Seguir o seguinte titorial escrito para aprender creando o formulario do exemplo (ACT6_FORMULARIO1). Tamén o podes seguir en forma de videotitorial:
NOTA:
- Ó final pero antes de protexer contra edición, fíxate no documento resultado e asegúrate de que cadran as separacións entre renglóns, o tamaño relativo dos controis en ancho relativo e posición. Pon tipo de letra Arial, negriña, 12.
- Emprega a Contraseña protección: 12345
- Exportar a pdf e enchelo. (asegúrate de que se visualiza ben a categoría profesional escollida senón volta atrás e fai o control máis alto).PARTE 2:
Crear de cero o seguinte formulario (ACT6_FORMULARIO2). Fonte tipo Calibri 14 e 12, en negriña. Primeiro crear táboas e logo inserir os campos.
NOTA: Para desbloquear seccións ir a Formato/Seccións e desbloquear quitando a protección despois de inserir o contrasinal (link).
DATA ENTREGA: 08/10/2026. Entregar vía Dropbox, en formato de writer, os 4 documentos dentro dunha subcarpeta chamada "ACT6_FORMULARIOS".
Comentarios